Revenidas, en Vilagarcía de Arousa

Data: 19, 20 e 21 de agosto Lugar: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa A localidade mariñeira de Vilaxoán, no municipio de Vilagarcía de Arousa, acolle a décimo terceira edición dun festival que foi crecendo ano tras ano sen perder o espírito veciñal e de confraternidade das súas primeiras celebracións, que tiveron a súa orixe nunha sardiñada popular. Este evento, a Sardiñada Revenidas, continúa sendo un dos momentos máis esperados. Ao longo da última década, Revenidas converteuse nunha das citas imprescindibles da festa musical e cultural ao carón da praia do Preguntoiro, no porto de Vilaxoán. Polo seu escenario pasarán nesta edición artistas de distintos estilos como La Raíz, Talco, Russkaja, Aspencat, Gabriel O Pensador ou Fanfaria Ciocarlia. Pero Revenidas é tamén un dos mellores escaparates da música galega actual: Os Tres Trebóns, Cuchufellos, Falperrys, Malandrómena ou Familia Caamagno son algúns dos grupos previstos para este ano. Posúe unha zona de acampada e unha completa programación paralela, como a Sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, intervencións artísticas en directo, exposicións, obradoiros e produtos culturais da súa propia Feira Revenida.

Web: www.revenidas.com

Facebook: www.facebook.com/Revenidas

Twitter: twitter.com/Revenidas

Instagram: www.instagram.com/asrevenidas

Youtube: www.youtube.com/channel/UCpjKZzpCq7w85VeN1kg7fPw

 


Date: 19/08/2016 01:00 - 21/08/2016 12:00