A praza de Arcebispo Lago, entre a praza de Galicia e a praza de abastos, acollerá dende o vindeiro mércores, día 29, e ata o domingo, 3 de xullo, unha feira de produtos ecolóxicos certificados. O evento é promovido polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) e conta coa colaboración do Concello, o que fixo posible que fronte aos dous ou tres días deste tipo de eventos, neste caso serán cinco.