Praia en forma de media cuncha, situada nun ámbito rural. De area branca e fina, resgardada dos ventos e con ondada moderada, é unha praia ideal para gozar do sol e o baño nun ambiente pouco masificado. Con boas vistas de Rianxo.