Tickets for Presidente- Teatro do Morcego en Vilagarcía de Arousa

 Programado dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)

En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do Goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.
Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?
Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.

Duración: 80 min; Público: Adultos


Fecha: 15/10/2016 21:00 - 15/10/2016 23:00